A Berta ocórrenlle as cousas mais incribles. O caso é que pertence a unha familia normal, vai ao colexio, celebra o Nadal, gústalle o chocolate, cáelle o primeiro dente? coma a calquera nena da súa idade. Sen embargo, hai algo nela que fai que todo sexa máis complicado, pero tamén máis divertido. A Berta non lle importaban un carrizo as aparencias. ¿Que importancia tiña para ela estar guapa comparado coa pasta e as lambetadas que podería comprar co que lle deixaría o rato Pérez? Se no mundo había unha cousa que Berta non podía soportar era non saber algo, e iso, moitas veces, vaile traer consecuencias imprevistas para ela. Berta era unha grande amante das regras sempre e cando se aplicasen a outras persoas, nunca sentía que se referisen a ela, e iso era outro problema ao que tiña que facer fronte coas súas mañas. Berta odiaba estar en segundo plano: se xogaba ás médicas, ela tiña que ser sempre a médica e abrir a Luci-a-veciña pola metade, e se xogaban a meigas e fadas, ela tiña que ser a meiga, porque era moito máis divertido ser malísima que sempre tan boa. A Berta encantáballe estar enriba do escenario con centos de persoas mirándoa: era ese tipo de actiz que vivía o seu papel ata ser capaz de variar o texto do mellor libreto? Berta non gustaba de xogar con monecas, só unha vez metérase nun grave conflicto por enterrar unha da súa irmá maior, Hilaria.
As cousas de Berta, o libro do escritor inglés Roger Collinson, ilustrado nesta edición por Antonia Santolaya, é unha divertidísima novela. Protagonizada por esa nena rebelde e bastante fedello, amosa como os rapaces e rapazas vanse sentindo donos dos seus actos, vanse facendo máis independentes. Collinson demostra neste libro desternillante que a vida dos nenos e das nenas pode ser divertida, malia ter que obedecer os maiores, pero tamén que hai que aprender a responsabilizarse dos propios actos e sufrir as consecuencias dalgunhas trasnadas.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies tanto propias como de terceros para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.
Google Analytics
Google Analytics es una herramienta de analítica web de la empresa Google. Ofrece información agrupada del tráfico que llega a los sitios web según la audiencia, la adquisición, el comportamiento y las conversiones que se llevan a cabo en el sitio web. Es una herramienta utilizada en marketing digital.