Saíase das catacumbas da mobilización antifranquista e entrábase na «movida». Aquela década dos '80 -da que o fotógrafo Víctor de la Heras elixiu o que el considera o epicentro, entre 1983 e 1987, para nutrir visualmente este libro- foi un período de axitación preñado de día por sucesos políticos ou económicos de envergadura mentres pola noite unha tribo de modernos mesturaba euforia creativa cun desenfreado espírito lúdico entre concerto e concerto; foron os anos en que o naval saíu á rúa pero tamén os dos estragos da droga, cuxos efectos decimaban unha xeración de vigueses, ou os da sida que se coaba nos nosos cárceres. Foi unha fase eruptiva da historia local, anos de acelerada sucesión de acontecementos que a Víctor De Las Heras lle tocou vivir ao galope biográfico da súa cámara. Neses catro anos houbo dúas eleccións municipais gañadas polo socialista Manuel Soto, dous ascensos do Celta, o derrubamento do Scalextric ou, indo á anécdota substanciosa, unha provocadora Cicciolina paseando polas rúas cos peitos ao aire a bordo dun camión. A moda galega, con Vigo como eixe do que saían todas as decisións, sorprendía a toda España e convertía o sector téxtil en punta de lanza dunha nova imaxe para Galicia. Pola noite, Vigo era unha cidade raiada, atropelada, cachonda e encallada cunha produción intensa de bandas, as máis delas de efémera vida. Unha explosión de pelames e vestimentas coa música como expresión catártica. Foi todo un cóctel de política, deporte, cultura e sociedade. Fernando Franco
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies tanto propias como de terceros para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.
Google Analytics
Google Analytics es una herramienta de analítica web de la empresa Google. Ofrece información agrupada del tráfico que llega a los sitios web según la audiencia, la adquisición, el comportamiento y las conversiones que se llevan a cabo en el sitio web. Es una herramienta utilizada en marketing digital.