OS XIGANTES NO MORGANTE

OS XIGANTES NO MORGANTE

978-84-15166-34-4 / 9788415166344
Il Morgante Maggiore de Luigi Pulci considérase unha auténtica epopea de xigantes pola avultada presenza destes seres na obra. En efecto, entre os diferentes representantes do marabilloso, os xigantes son os que contan coa maior presenza e número ao longo deste poema e posúen, á sombra de Morgante, unha certa relevancia, maior ou menor segundo os casos. Mentres que os estudosos se centraron eminentemente na comicidade da obra de Luigi Pulci, na natureza e función das súas fontes ?especialmente a vexata quaestio do Orlando laurenziano? ou a interpretación do personaxe de Morgante, outros aspectos posibles de estudo quedaron relegados e só se viron beneficiados ou incluídos polos avances da crítica subsidiariamente e en tempos recentes. É o caso dos xigantes secundarios, cuxa relevancia se desvela a través de tres focos principais de análise: a súa morfoloxía física e caracterial, facendo fincapé na súa natureza demoníaca; a cuestión alimentaria, que vai dende a celebración do exceso carnavalesco á abominable antropofaxia; e, por último, a súa función na trama narrativa e a diversa tipoloxía que podemos discernir recorrendo ao contraste con outras tradicións europeas no eido do marabilloso. Máis concretamente, a tradición francesa presenta un especial interese debido á enorme influencia que exerceu na literatura italiana medieval; o estudo desta influencia no caso puntual do Morgante ofrece novas e interesantes perspectivas na análise dos xigantes na obra mestra de Luigi Pulci.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: RINOCERONTE EDITORA S.L.
  • ISBN: 978-84-15166-34-4
  • EAN: 9788415166344
  • Año: 2011
  • Colección: < Genérica >
  • Nº páginas: 126
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.