VALENTÍN PAZ ANDRADE

VALENTÍN PAZ ANDRADE

VIDA E OBRA

978-84-9914-340-8 / 9788499143408
Valentín Paz Andrade. Vida e obra pretende ofrecer un amplo percorrido pola vida do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012 e pola súa inmensa obra. Xornalista e poeta, home de leis e político, economista, empresario, e persoa vencellada á política galeguista, Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1899 ? Vigo, 1987) foi un loitador incansable cunha única tarefa: servir a Galicia desde todos os campos que abarcou o seu saber e o seu facer. A súa traxectoria vital foi de tal fondura que se converteu nun home clave na historia do século XX en Galicia e, segundo vai pasando o tempo, vemos medrar a súa verdadeira dimensión humana.
Este libro explica e mostra a vida e a obra dun home que tentou sen acougo acadar o desenvolvemento da súa terra, tirar a Galicia da súa marxinación e que, tamén desde a utopía, traballou arreo tendo sempre Galicia como tarefa.
  • 12,00 €
  • No disponible temporalmente
  • Autor:
  • Editorial: XERAIS
  • ISBN: 978-84-9914-340-8
  • EAN: 9788499143408
  • Año: 2012
  • Colección: LETRAS GALEGAS
  • Nº páginas: 136
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.