A ÚLTIMA VIAXE E OUTROS RELATOS

A ÚLTIMA VIAXE E OUTROS RELATOS

978-84-9995-040-2 / 9788499950402
Esta nova obra narrativa de Alberto G. Aneiros componse de 8 relatos breves e outro máis extenso ?o que dá título a obra?, en forma de diario de viaxe, que case podería considerarse unha novela curta.

A través da súa lectura, coñeceremos un insólito testemuño directo de abusos sexuais; fatais atraccións e rexeitamentos entre mozas e mozos enleados; malos tratos machistas ?e clasistas? nunha situación inesperada; a falsa amizade, o egoísmo desapiadado dalgunha xente nova; un sindicalista que sufriu represalias contando experiencias persoais e certas atrocidades do réxime franquista; a represión e castigo militares dun recruta apaixonado polo canto, que non pode lerse ?ou oírse? sen ironía dramática; unha curiosa apoloxía dunha profesión macabra; o progresivo illamento social e a decadencia dun pobre home rico de vila; os conflitos e desgrazas dunha parella nunha viaxe pola India? Todo iso se vai debullando nos diversos textos narrativos que conforman a obra.

Algúns dos seus personaxes móstrannos trazos morais autenticamente monstruosos, comportamentos irracionais, vicios perversos ou paixóns destrutivas que non poden senón derivar en dramas humanos, demasiado humanos...

Agás nunha das historias, o narrador é sempre un dos protagonistas principais que en primeira persoa conta, sofre e coñece directamente o acaecido, o que permite mesmo unha lectura dramatizada dos mesmos.

A pesar da tristeza sen conto da maioría dos feitos narrados, nalgúns dos relatos ?como Desafinado, O que un vello sepultureiro dixo?, Fermín o Señorito? non faltan certas doses de humor.
A última viaxe e outros relatos dispoñible en formato e-Pub. Venta na Plataforma elibro-galego.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: GOBIERNO DE NAVARRA
  • ISBN: 978-84-9995-040-2
  • EAN: 9788499950402
  • Año: 2012
  • Colección: < Genérica >
  • Nº páginas: 158
  • Encuadernación: Bolsillo
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.