CHRYSTYAN MAGIC. NA SENDA DA SERPE ALADA

CHRYSTYAN MAGIC. NA SENDA DA SERPE ALADA

978-84-403-1182-5 / 9788440311825
Chrystyan, despois de estar "atrapado na torre" e saír vitorioso, continúa coa normalidade das ocupacións cotiás, pero sen esquecer as ensinanzas que lle transmite Bosco, o vello mago.
O nó das aventuras desta nova entrega preséntase nun castro e na reserva vexetal que o rodea, onde Chrystyan e dous amigos son atacados e acaban por se extraviar en cadanseu labirinto. Nestes máxicos lugares, contarán coa axuda dos mouros e das mouras que habitan a parte invisible do castro.
A obra, aínda que autónoma en canto á lectura, remite indirectamente a elementos de "Chrystyan Magic-Atrapado na torre" (plano espacial, elementos, personaxes...). Os elementos máxicos ou fabulados están equilibrados con aqueloutros que representan aspectos sociais, históricos ou etnográficos (a convivencia, o traballo, os castros, espazos protexidos, crenzas tradicionais arredor dos castros...).
  • 8,25 €
  • No disponible temporalmente

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.