MODELOS DE LINGUA E COMPROMISO

MODELOS DE LINGUA E COMPROMISO

978-84-9995-149-2 / 9788499951492
Modelos de lingua e compromiso é unha reflexión sobre a necesaria vinculación entre calidade do noso idioma e a súa recuperación.
A publicación, coordinada por Xosé Manuel Sánchez Rei, dá acubillo a traballos realizados polas profesoras e polos profesores da Facultade de Filoloxía da UDC Goretti Sanmartín Rei, Laura Tato Fontaíña, Manuel Ferreiro, Xosé Ramón Freixeiro Mato e o propio Xosé Manuel Sánchez Rei, integrantes, asemade, do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da UDC (http:www.illa.udc.gal).
O estudo participa no debate vixente sobre o modelo lingüístico que se debe promover ou sobre se realmente ten sentido falarmos dunha "lingua de calidade", profundando na necesaria confluencia entre o compromiso real co idioma desde as institucións públicas coa proxección dunha referencia exemplar digna de calidade para o galego.
Por iso, o propio título deste volume colectivo, Modelos de lingua e compromiso, sintetiza con acerto unha das ideas xerais contidas e matizadas en cada un dos traballos desde prismas diferentes, cal é o estreito vínculo entre a implicación coa normalización do galego en todos os ámbitos de uso e a predilección por un modelo lingüístico capaz de o estilizar e de o dignificar; dificilmente se pode pensar nunha restauración social da lingua cando o que se pretende restaurar está fortemente erosionado polo español, cando se confunde autenticidade idiomática soamente con variedades coloquiais ou cando se parece tolerar con certa normalidade, mesmo en ámbitos académicos, inquietantes doses de hibridación con aquela lingua.
Para desenvolver estes puntos de partida, preséntase unha organización das cinco contribucións que avanza do máis xenérico a cuestións máis concretas:
? ?Lingua oral, calidade da lingua e futuro do galego?, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
? ?A preocupación por unha lingua oral de calidade: aproximación histórica ao caso do galego nos anos finais do século XIX e nos inicios do XX?, de Xosé Manuel Sánchez Rei.
? ?Arredor da calidade da lingua no teatro da primeira metade do século XX?, de Laura Tato Fontaíña.
? ?Eduardo Pondal á procura do verbo sublimado. Arredor das re-escrituras pondalianas?, de Manuel Ferreiro.
? ?A estética da seguranza. Lingua e transcendencia en Rosalía?, de Goretti Sanmartín Rei.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: GOBIERNO DE NAVARRA
  • ISBN: 978-84-9995-149-2
  • EAN: 9788499951492
  • Año: 2014
  • Colección: BAÍA ENSAIO
  • Nº páginas: 212
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

Otros libros del autor SÁNCHEZ REI, XOSE MANUEL

Portada No Disponible
SE O VÓS POR BEN TEVERDES A INTERPELACIÓN PRONOMINAL EN GALEGO
978-84-89896-62-8
FORMATO PAPEL
SÁNCHEZ REI, XOSE MANUEL
10,90 €
Envío en 3 días
+ detalle
A LINGUA GALEGA NO CANCIONEIRO DE PÉREZ BALLESTEROS
A LINGUA GALEGA NO CANCIONEIRO DE PÉREZ BALLESTEROS
978-84-8487-092-0
FORMATO PAPEL
SÁNCHEZ REI, XOSE MANUEL
24,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
CANTAR NA CORUÑA
CANTAR NA CORUÑA
978-84-8487-382-2
FORMATO PAPEL
SÁNCHEZ REI, XOSE MANUEL
14,90 €
Envío en 3 días
+ detalle
O FALAR DAS FADAS
O FALAR DAS FADAS
978-84-9995-209-3
FORMATO PAPEL
SÁNCHEZ REI, XOSE MANUEL
16,60 €
Envío en 3 días
+ detalle

Otros libros de la colección BAÍA ENSAIO

MULLERES ESPONTANEADAS
MULLERES ESPONTANEADAS
978-84-9995-384-7
FORMATO PAPEL
ARCAY BARRAL, ÁNGEL
12,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
A VOZ DAS ÚLTIMAS CIGARREIRAS CORUÑESAS
A VOZ DAS ÚLTIMAS CIGARREIRAS CORUÑESAS
978-84-9995-388-5
FORMATO PAPEL
ANA ROMERO MASIÁ, XULIA SANTISO ROLÁN, ROMERO MASIÁ, ANA, SANTISO VARELA, XULIA
30,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
MERCEDES TELLA COMAS (1868-1934)
MERCEDES TELLA COMAS (1868-1934)
978-84-9995-386-1
FORMATO PAPEL
ROMERO MASIÁ, ANA
19,80 €
Envío en 3 días
+ detalle
TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR
TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR
978-84-9995-286-4
FORMATO PAPEL
DOMÍNGUEZ TOURIÑO, GUILLERMINA, ESTÉVEZ SALAZAR, FELICIA
13,25 €
Envío en 3 días
+ detalle

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.