Diego Antonio de Zernadas, coñecido como o cura de Fruíme, é unha das figuras máis senlleiras da literatura galega do Barroco. Ben como ilustrado, ben como literato, a súa maior importancia reside no feito de ser o máximo cultivador do galego durante os séculos escuros.
Cando Galiza vivía un momento crítico que fendía as súas bases económico-sociais, no que era unha continuación da onda de descrédito á que estaba a ser sometida dende a instauración da dinastía dos Trastamara, o nome de Zernadas y Castro situouse como un dos intelectuais galegos máis preocupados por denunciar a situación.
Nesta obra non só se dá conta do perfil da realidade galega do século XVIII, senón que ademais, por vez primeira e baixo unha detida análise filolóxica, preséntase o corpo completo da obra galega do cura de Fruíme.
Francisco Fernández del Riego sinala no prólogo que o libro de Pardo de Neyra (...) é un libro ilustrativo, mesmo aleccionador. Porque explica as características dunha época, e analiza unha obra significativa. Enxertado nun tempo no que se ergue a voz dos Ilustrados galegos, dá a verdadeira medida doutra voz que se valeu do idioma propio para defender os valores do país. A análise realizada nas súas páxinas polo autor, é unha análise comprida, evidentemente proveitosa para os que se interesen pola figura precursora nelas estudiada
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies tanto propias como de terceros para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.
Google Analytics
Google Analytics es una herramienta de analítica web de la empresa Google. Ofrece información agrupada del tráfico que llega a los sitios web según la audiencia, la adquisición, el comportamiento y las conversiones que se llevan a cabo en el sitio web. Es una herramienta utilizada en marketing digital.