LITERATURA PARDOZELIANA.

LITERATURA PARDOZELIANA.

BRANDANISMO E SEBASTIANISMO NUNHA NACIÓN A LIBERAR: O MITO E O CRONOTOPO DO MARE

978-84-95364-97-5 / 9788495364975
O marechal Pardo de Zela preséntase como un dos mitos con maior forza no imaxinario colectivo da nosa comunidade. Desde mundos tan dispares como son o nobiliarismo aristocratista e fidalguista e o independentismo de xorne máis progresista e esquerdista, o seu nome e a súa proxección histórica resúmense como dous dos piares máis fortes: non hai texto nobiliar galego onde non se procure a súa sona, onde as familias alí compiladas non traten de se conectaren co seu sangue, con algo que moi ben poderiamos referir como un empeño por se faceren debedoras dun seminalismo quizais máis dirixido á súa muller (dona Isabel de Castro Ossorio, descendente da mesma casa real galega), mais en todo caso responsábel da construción dun dos mitos do parnaso fidalgo da nación. Mais por se isto fose pouco, desde os seus mesmos momentos constitutivos, e quizais porque boa parte dos individuos aos que debemos as súas manifestacións, o galeguismo ?ora rexionalista, ora nacionalista? insistentemente quixo louvar a figura do militar asasinado por orde dos reis da Castela no Mondoñedo de 1483. Xaora nos mesmos albores do século XXI, é ao nacionalismo de carácter independentista a quen debemos o feito de constituír o 17 de decembro, día daquel brutal desenlace, como un dos fitos nacionais galegos.

Literatura pardozeliana. Brandanismo e sebastianismo nunha nación a liberar: o mito e o cronotopo do marechal na literatura galega, porén, é un estudo que faltaba na crítica literaria galega. Nada semellante se tiña feito con anterioridade. Fóra de louvanzas de xínea, fóra de rescates ideoloxicamente dirixidos e/ou dirixistas, nesta obra encáixase tanto a figura do Pero Pardo de Zela, un dos fillos do alcalde de Viveiro nos comezos do século XV, un dos cabaleiros malfeitores da levantadiza Galiza daquela centuria; como a daquel que o pobo galego coñece como «o mariscal», que ocupa un dos chanzos máis sobranceiros do sebastianismo brandanista de máis carácter nacional.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: NIGRATREA
  • ISBN: 978-84-95364-97-5
  • EAN: 9788495364975
  • Año: 2010
  • Colección: NIGRATREA LIBROS DA BRETEMA
  • Nº páginas: 397
  • Encuadernación: Otros
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

Otros libros del autor FERNÁNDEZ E PARDO DE NEYRA, XU

AMOR Y DESEO EN EL CALOBOZO
AMOR Y DESEO EN EL CALOBOZO
978-84-7290-648-8
FORMATO PAPEL
FERNÁNDEZ E PARDO DE NEYRA, XU, FERNÁNDEZ E PARDO DE NEYRA, XULIO
20,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
Portada No Disponible
O LABOR LÍRICO DO ILUSTRADO CURA DE FRUÍME
978-84-8487-011-1
FORMATO PAPEL
FERNÁNDEZ E PARDO DE NEYRA, XU, FERNÁNDEZ E PARDO DE NEYRA, XULIO
20,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
Portada No Disponible
A ÉPOCA NÓS
978-84-92644-10-0
FORMATO PAPEL
FERNÁNDEZ E PARDO DE NEYRA, XU
22,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
LA ARREBATADORA ENTRADA DE SALOMÉ EN EL TEMPLO
LA ARREBATADORA ENTRADA DE SALOMÉ EN EL TEMPLO
978-84-96117-33-4
FORMATO PAPEL
FERNÁNDEZ E PARDO DE NEYRA, XU, FERNÁNDEZ E PARDO DE NEYRA, XULIO
12,48 €
Envío en 3 días
+ detalle

Otros libros de la colección NIGRATREA LIBROS DA BRETEMA

EL LABERINTO HABITADO
EL LABERINTO HABITADO
978-84-95364-60-9
FORMATO PAPEL
ALVARO CUNQUEIRO
30,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
DE CASA E SOLAR COÑECIDOS: FIDALGUÍA E CULTURA PALACIANA NA GALIZA DO
DE CASA E SOLAR COÑECIDOS: FIDALGUÍA E CULTURA PALACIANA NA GALIZA DO
978-84-95364-36-4
FORMATO PAPEL
XULIO PARDO DE NEYRA
28,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
SANTIAGO PIEDRA A PIEDRA
SANTIAGO PIEDRA A PIEDRA
978-84-95364-21-0
FORMATO PAPEL
CONDE ROA, JUAN
15,00 €
Envío en 3 días
+ detalle

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.